martes 30 de septiembre de 2008

MIGUEL PÉREZ LEMBRA QUE O SEU GOBERNO ELIMINOU A PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS DE ALCOBENDAS DESPOIS DE CONFIRMAR CO SECTOR HOSTELEIRO O SEU ESCASO INTER

O portavoz do PP lamenta que ao alcalde “lle moleste tanto que se poña en evidencia o seu xeito chulesco de facer as cousas, convocando o Consello doTurismo para decidir algo que él xa tiña decidido e anunciado”

 “A ignorancia do alcalde lévao mesmo a presumir de que a Festa promociónase en Portugal por primeira vez, cando promocións no país veciño fixéronse unhas cantas”.



O Grove, 30 de setembro de 2008.- O portavoz do Grupo municipal do Partido Popular no Grove, Miguel Ángel Pérez, hembra que o seu Goberno eliminou no seu momento a participación do Grove nas Xornadas Gastronómicas de Alcobendas despois de confirmar co sector hosteleiro, “o principal destinatario destas accións de promoción”, o seu escaso interese.

En resposta a unhas declaracións do alcalde sobre as ditas xornadas, Pérez salienta que “non é que as perderamos, senón que decidimos, despois de contrastar as nosas impresións cos hosteleiros que aquelo non interesaban a pesar dos ingresos que reportaba”. Nese sentido, indícalle a Cacabelos que “a promoción dun concello debe ser plantexada non como un mero gasto, senón como un investimento, contemplando todo o conxunto de beneficios que pode reportar, e o económico non debe primalo todo, aínda que o alcalde non sexa quen de velo así”. Igualmente, sinala que a preocupación do rexedor por esas xornadas, “ademais de demostrar moita ignorancia sobre o tema, non debe gustar nada aos hosteleiros do noso concello, que están en contra de participar nelas, incluído o seu responsable de Turismo, o señor Olleros”.

O portavoz do PP achaca as críticas vertidas polo alcalde sobre a súa etapa á fronte do Goberno local ao enfado de Cacabelos “porque puxemos en cuestión a xestión da Festa do Marisco, e él tolera máis ben pouco as expresións que non sexan para ensalzalo”. A ese respecto, lamenta que ao alcalde “lle moleste tanto que se poña en evidencia o seu xeito chulesco de facer as cousas, convocando o Consello doTurismo para decidir algo que él xa tiña decidido e anunciado”, en relación cos nomeamentos dos centolos de ouro. Unha forma de proceder “que supón unha tomadura de pelo aos grupos da oposición e aos entes empresariais que conforman o Consello Sectorial” ante a que “supoño que non esperará que o felicitemos”.

CHAPUZA

Pérez salienta tamén que “toda a xestión deste evento está a ser unha chapuza” e pon como exemplo que a presentación se faga a quince días da súa inauguración “cando todos os axentes empresariais están convencidos, e así o decidiron hai xa anos, de que a presentación debe facerse en primavera para que teña un maior efecto e máis tempo para organizala”. Ante iso, o alcalde “o único que fai é botarlle a culpa de todo aos demais”, apunta Pérez, para quen o feito de que os seus compañeiros de goberno “saian en prensa a dicir que hai que arrimalo hombro e apoiar ao alcalde para salvar a situación este ano xa o dí todo”.

Doutra banda, Miguel Ángel Pérez subliña tamén que “a ignorancia do alcalde lévao mesmo a presumir de que a Festa promociónase en Portugal por primeira vez, cando promocións no país veciño fixéronse unhas cantas”. O lider do PP suxírelle a Cacabelos que “se asesore ben antes de falar” e que “deixe de obesionarse coas nosas queixas, que non son nosas, senón de todos os colectivos que forman o Consello Sectorial, aínda que con eles non se atreve, e se preocupe por lograr que todo saia ben nesta edición da Festa, porque todos saben, incluido él mesmo, que este ano as cousas non se fixeron ben ou, mellor dito, non se fixeron, senón que todo veu tarde, mal e arrastro”.

lunes 8 de septiembre de 2008

O PP PIDE EXPLICACIÓNS AO GOBERNO LOCAL SOBRE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DA ESTRADA DE ARDIA

“O cuatripartito elude as súas responsabilidades porque os seus esforzos se centran en criticar á Deputación”, sinala Miguel Ángel Pérez

O Grove, 8 de setembro de 2008.- O Partido Popular do Grove pide explicacións ao Goberno local sobre as obras da estrada de Ardia, na entrada do municipio, que levan varios meses paralizadas sen que se coñeza oficialmente a razón de que non continue o seu desenvolvemento. O portavoz do Grupo municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, salienta que “non se entende o abandono dese vial, cos prexuízos que éste está a causar a toda a veciñanza”. Ademais de información, o PP esixe que se reanuden de inmediato as obras para rematar este vial “antes de que as condicións climatolóxicas sexan peores e dificulten os traballos”.

Cando o período de execución previsto para o proxecto vai rematando, o PP comprobou no lugar “cómo as herbas e maleza van facéndose coas zonas de actuación do mesmo, sen que ninguén explique nada do que está a pasar”. Así mesmo, Pérez apunta que “enterámonos, como sempre, polos medios de comunicación, de que mesmo se pretende cambiar de sitio a rotonda prevista na subida ao Monte das Flores, pero non hai información ao respecto”, algo que “mesmo ten perplexos aos veciños”.

O Portavoz popular critica a situación desta estrada durante todo o verán “nun estado lamentable de abandono e cunha sinalización totalmente deficiente xusto cando o tránsito no lugar é intensísimo” e resalta que “pasada a tempada estival, as cousas seguen igual, sen que se saiba qué se pensa facer”.

“O cuatripartito elude as súas responsabilidades porque os seus esforzos se centran en criticar á Deputación”, sinala Miguel Ángel Pérez, quen subliña a contradición que supón que o Goberno local “estea permanentemente queixándose” polas estradas que son responsabilidade do organismo provincial “e, sen embargo, manteña esta obra parada e abandonada e non sexa quen de dar explicacións”.
O PP esixirá que se informe sobre as razóns desa paralización e as previsións para a súa reanudación, así como se hai algún cambio no proxecto e os motivos que, no seu caso, o sustentan.

jueves 28 de agosto de 2008

O PP DEMANDA MEDIDAS CONTUNDENTES DE PROTECCIÓN E PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN SOBRE O RÍO DO CON

“De nada serven as actuacións millonarias da Xunta se os vertidos se repiten”, salienta Juan Maneiro

• O Grupo Municipal do Partido Popular solicitará información sobre as previsións de execución da segunda fase dos traballos de Augas de Galicia sobre o cauce, que tiña que terse comezado na pasada primavera “e que seica aínda está en estudio, malia a urxencia con que esas obras foron prometidas por Touriño tra-las inundacións de hai dous anos”.

Vilagarcía, 28 de agosto de 2008.- O Partido Popular de Vilagarcía demanda ao Goberno local e á Xunta de Galicia a adopción de medidas contundentes e eficaces de protección e prevención da contaminación sobre o río do Con, despois de que o novo vertido rexistrado esta semana exterminara totalmente a fauna nun treito de máis dun quilómetro. O responsable de Medio Ambiente do Grupo Municipal do PP, Juan Maneiro, confía en que as investigacións sobre a orixe da contaminación, así como os traballos de recuperación “se fagan coa máxima celeridade” e que a Administración “non só sancione aos culpables sen dilación, senón que adopte as medidas oportunas para que non se volva producir un feito similar”.

“De nada serven as actuacións millonarias da Xunta se os vertidos se repiten”, salienta Juan Maneiro en relación cos traballos de limpeza, adecuación e prevención de inundacións que Augas de Galicia realiza no Con a raíz das riadas de 2006. Para o concelleiro popular, a prevención, a concienciación empresarial e a vixilancia “resultan fundamentais para preservar o medio ambiente e evitar danos”, polo que tanto o Goberno local coma o autonómico deberan “centrar tamén os seus esforzos nese ámbito”.

RETRASO NO CUMPRIMENTO DAS PROMESAS

O Grupo Municipal do Partido Popular solicitará información sobre as previsións de execución da segunda fase dos traballos de Augas de Galicia sobre o cauce, que tiña que terse comezado na pasada primavera “e que seica aínda está en estudio, malia a urxencia con que esas obras foron prometidas por Touriño tra-las inundacións de hai dous anos”.

Maneiro lembra que, pese ás promesas do presidente da Xunta despois das riadas de novembro de 2006, as obras de Augas de Galicia non foron declaradas de urxencia polo Consello da Xunta ata xuño de 2007 e o seu inicio tivo aínda que esperar dous meses máis, “o que dá idea da preocupación de Touriño e o seu Goberno por evitar que se reproducira unha situación como aquela”. E, doutra banda, a segunda fase desas obras, consistente na conversión da desembocadura do río nunha canle aberta, “aínda está pendente”.

O Partido Popular considera que estes feitos demostran que “a especialidade do bipartito da Xunta é o incumprimento das súas promesas ou o retraso no seu cumprimento”, mentres que o bipartito local “amosa un total desinterese e non é quen de facerse valer ante o seu Goberno amigo para esixir o que a Vilagarcía lle corresponde”.

lunes 25 de agosto de 2008

O PARTIDO POPULAR PEDIRÁ A MARCELINO ABUÍN EXPLICACIÓNS SOBRE A PARALIZACIÓN E DEFICIENTE XESTIÓN DE EXPEDIENTES URBANÍSTICOS

Espera unha resposta urxente ante a ameaza plantexada por unha das empresas afectadas de pedir responsabilidades patrimoniais á Corporación pola falta de resposta do Concello ao seu caso

• Tra-la revisión das solicitudes pendentes, este partido comprobou que son moitos os casos sen tramitar, nalgúns dos cales as empresas presentaron contencioso por inactividade do Concello, que xa foi condeado pola mesma razón noutras ocasións.

Vilagarcía 23 de agosto de 2008.- O Partido Popular pedirá ao concelleiro de Urbanismo, Marcelino Abuín, explicacións sobre a paralización e deficiente xestión de expedientes urbanísticos que levan un tempo excesivo á espera de resolución. O partido liderado por Tomás Fole quere que o concelleiro responsable desta área informe sobre cál é o número de expedientes resoltos no que vai de mandato, cántos están sen resolver e por qué esa falta de tramitación, así como por qué algún deles carecen dos preceptivos informes técnicos e xurídicos.

O PP espera unha resposta urxente ante a ameaza plantexada por unha das empresas afectadas de pedir responsabilidades patrimoniais á Corporación pola falta de resposta do Concello ao seu caso. “Este partido non tolerará que pola neglixencia dun concelleiro e a deixación de deberes do Goberno e da súa alcaldesa se poña en dúbida o traballo e o sentido da responsabilidade do noso Grupo municipal”, sinala Tomás Fole, quen lembra que o seu partido denunciou reiteradamente a paralización da concellería de Urbanismo, sen que o seu responsable reaccionase, “e agora son os propios cidadáns e as empresas as que nos dan a razón, como fai sempre a realidade en contra do triunfalismo e da política-ficción do Goberno”.

MALGASTAR CARTOS PÚBLICOS EN LUGAR DE ACTUAR

Tra-la revisión das solicitudes pendentes, este partido comprobou queson moitos os casos sen tramitar, nalgúns dos cales as empresas presentaron contencioso por inactividade do Concello, que xa foi condeado pola mesma razón noutras ocasións, “coa correspondente obriga de pagamento das costas”, apunta Tomás Fole, quen resalta que “parece que o concelleiro prefire malgastar os cartos públicos antes que actuar”. Igualmente, salienta que “estamos a estudiar 5 expedientes con dúbidas legais, entre eles dous nos que os seus promotores esixen ao Concello que actúe en sentido positivo”.

O portavoz do Grupo municipal do PP plantexa tamén a situación do proceso de creación da Xerencia de Urbanismo, que, tras unha xuntanza preliminar, “parece que quedou tamén paralizado, seguindo a liña xeral desa concellería”.

viernes 22 de agosto de 2008

O PP PEDIRÁ A TRAVÉS DUNHA MOCIÓN QUE O GOBERNO LOCAL ESIXA A POLÍTICA TERRITORIAL AS MÁXIMAS MEDIDAS DE SEGURIDADE NAS ROTONDAS DO POUSADOIRO

Tra-la afirmación da Consellería de que son provisionais, Fole considera que son innecesarias e un derroche de fondos públicos, ademais dun perigo para a circulación

• “A Xunta empezou a casa polo tellado, pois non se entende que faga primeiro as rotondas de acceso a unha estrada que aínda non existe”.

Vilagarcía, 22 de agosto de 2008.- O Partido Popular de Vilagarcía pedirá, a través dunha moción, que o Goberno local esixa á Consellería de Política Territorial a adopción das máximas medidas de seguridade nas rotondas da estrada do alto do Pousadoiro, abertas recentemente e que no futuro servirán de acceso á Variante Norte.

O PP fíxose hai uns días eco das moitas queixas dos usuarios da dita estrada sobre a perigosidade das glorietas polo seu deseño. En resposta, a Consellería de Política Territorial alegou que as rotondas son construcións provisionais, o que, en opinión do portavoz do Grupo municipal do PP, Tomás Fole, “non xustifica en absoluto a falta de seguridade que presentan”.

Tra-la afirmación da Consellería de que son provisionais, Fole considera que son innecesarias e un derroche de fondos públicos, ademais dun perigo para a circulación, xa que presentan unha forte pendente e non teñen o tamaño axeitado para a cantidade e tipo de tráfico que teñen que soportar, tendo en conta a proximidade do polígono industrial.

UN RISCO MOITO MÁIS ALTO DO QUE XA HABÍA

“A Xunta empezou a casa polo tellado, pois non se entende que faga primeiro as rotondas de acceso a unha estrada que aínda non existe”, afirma Fole. Na moción, o PP plantexa que a Consellería artelle as medidas necesarias para evitar posibles accidentes, cuxo risco é, con estas rotondas, “moito máis alto do que xa había”.

Igualmente, pídese unha maior sinalización na estrada indicando a existencia das rotondas, xa que “están moi preto de curvas e cambios de rasante que dificultan a súa visibilidade, o que supón un risco especialmente para os condutores que utilicen esta vía ocasionalmente, como poden ser os usuarios do polígono industrial”.

Por último, insta ao Goberno local a esixir á Xunta que xestione urxentemente o desmonte do terreo que queda á dereita da rotonda máis próxima ao polígono, de xeito que aumente a visibilidade aos vehículos que accedan a ela en dirección a Vilagarcía.

jueves 14 de agosto de 2008

O PP ESPERA QUE POLÍTICA TERRITORIAL EXPLIQUE AOS VILAGARCIÁNS POR QUÉ A PROVISIONALIDADE XUSTIFICA A CONSTRUCIÓN DE ROTONDAS PERIGOSAS

Tomás Fole considera “un sinsentido” a resposta da Consellería sobre as glorietas do Pousadoiro, “que ninguén tiña por qué saber que eran provisionais pero que todo o mundo comproba que teñen un gran risco”

• As glorietas de conexión coa Variante Norte “son innecesarias, posto que a circunvalación aínda non está rematada e, se son provisionais, constitúen un claro derroche de fondos públicos nunha obra que ademais atenta contra a seguridade viaria”.

Vilagarcía, 14 de agosto de 2008.- O Partido Popular, que se fixo eco das queixas dos usuarios das novas rotondas construídas no Pousadoiro, espera que a Consellería de Política Territorial explique aos vilagarciáns por qué a provisionalidade xustifica a construción de rotondas perigosas, así como por qué se fixeron as ditas glorietas antes de que sexan imprescindibles, cando entre en funcionamento a Variante.

O presidente local do PP, Tomás Fole, considera “un sinsentido” a resposta da Consellería sobre as glorietas do Pousadoiro, “que ninguén tiña por qué saber que eran provisionais pero que todo o mundo comproba que teñen un gran risco”. O feito de que a zona estea aínda claramente en obras, apunta Fole, “non ten por qué indicar que as rotondas, que xa están construídas, sexan provisionais, algo que, desde logo, os usuarios descoñecían”. En calquera caso, as glorietas de conexión coa Variante Norte “son innecesarias, posto que a circunvalación aínda non está rematada e, se son provisionais, constitúen un claro derroche de fondos públicos nunha obra que ademais atenta contra a seguridade viaria”.

Para o portavoz municipal do Partido Popular, o intento de xustificación ofrecido publicamente por Política Territorial “non fai senón confirmar a tendencia da Xunta cara a chapuza”, asi como que “ao contrario do que sostén a Consellería, a nosa solicitude, que non crítica, de que se corrixira o deseño das rotondas estaba máis que xustificada”.

Festival Proxecta 08 - Catorce fotógrafos de renome internacional proxectarán os seus traballos profesionais en Vilagarcía


Festival Proxecta 08 - Catorce fotógrafos de renome internacional proxectarán os seus traballos profesionais na noite do martes 19 de agosto en Vilagarcía.

Vilagarcía – Xoves 14 de agosto de 2008. La primera edición del Festival ‘Proxecta 08’ reunirá en Vilagarcía los trabajos profesionales de catorce renombrados fotógrafos llegados desde diversos lugares de España y Portugal.


Los fotógrafos presentarán sus series fotográficas mediante proyecciones en una pantalla gigante que estará instalada en la Alameda de Vilagarcía de Arousa. Las proyecciones se realizaran en dos sesiones, a las 22,30 y a las 00,30 horas.

Cada fotógrafo proyectará su trabajo acompañado por una banda sonora elegida por él mismo.


Los catorce fotógrafos que participan en el Festival ‘Proxecta 08’ son:

- Xulio Villarino, que ejerce como freelance, proyectará un trabajo sobre el sida en África.

- Xaquín Rosales, fotógrafo vilagarciano, proyectará un trabajo realizado con sombras y poesías.

- Peto Leal, también vilagarciano, que mostrará en macrofotografía la visión personal do su propio jardín.

- Andrés Fraga, fotoperiodista, proyectará un trabajo sobre el Pekín preolímpico.

- Vítor Mejuto, fotoperiodista de La Voz de Galicia, mostrará una serie de fotografía realizadas durante la tragedia del Prestige y los incendios forestales de 2006.

- Carlos Puga, fotógrafo vigués, proyectará sú serie “Pel animal”.

- Juan Pablo Moreiras, también de Vigo, especialista en fotografía de naturaleza, presentará un trabajo con imagenes realizadas en diversos lugares do mundo.

- Eloy Alonso, fotógrafo asturiano, presenta un trabajo sobre la búsqueda de los restos de los republicanos desaparecidos en la Guerra Civil española.

- Pedro Armestre, fotógrafo de la Agencia France Presse y de Greenpeace, mostrará un trabajo sobre el cambio climático y la influencia que el hombre tiene sobre él.

- Desiree Martín, fotógrafa de la Agencia France Presse en Canarias, galardonada con el premio Ortega y Gasset de fotografía, realizará una proyección sobre la emigración subsahariana que llega a las Islas Canarias.

- Francis Tsang, fotógrafo madrileño, presenta un trabajo compuesto por retratos.

- Alfredo Cunha, considerado uno de los más importantes fotógrafos de prensa portugueses, proyectará un recopilatorio de sus mejores fotos, especialmente su trabajo sobre la revolución de los Claveles en Portugal.

- João Silva, fotógrafo de The New York Times, premio World Press Photo de fotografia, residente en Suráfrica, realizará una proyección sobre su trabajo durante los conflictos bélicos que han acontecido en los últimos años.

- Leonel de Castro, una de las jovenes promesas del fotoperiodismo portugués y redactor gráfico del periódico Jornal de Noticias, proyectará un traballo sobre los incendios forestales que asolaron Portugal.